Tres mulleres, unha mesma contorna xeográfica e tres visións artísticas en Stoupa

Stoupa_ Isabel Soutullo

A galería Stoupa estrea a primavera cunha nova exposición que celebra a diversidade e a creatividade na arte, con tres mulleres, un mesmo contorna xeográfica e tres visións.
Caras Amigas, unha nova versión da mostra de tres talentosas artistas de Costa da Morte que se unen baixo ese nome, ofrécennos a súa perspectiva única a través da pintura, cada unha co seu estilo distintivo.

Xa podedes achegarvos pola galería ceense para vivir unha experiencia artística enriquecedora, unha mostra única chea de cor, misterio e evocacións que nos conectan co noso fascinante pasado. A exposición poderá visitarse ata finais maio, de xoves a venres de 11 a 14h e de 17 a 20h,  sábado de 11 a 14h, os demais días  polas mañás con cita previa.

XMÑ en Stoupa

A primeira artista Maribel Castiñeira, de nome artístico XMÑ (Xermania), sorprenderanos coa súa obra abstracta, onde as pinceladas rápidas e as caras ocultas convídannos a explorar o que se esconde detrás da superficie. O seu enfoque lévanos a unha viaxe emocional, cheo de misterio e dinamismo.

A segunda artista Isabel Méndez, tamén se penetra no mundo abstracto, pero o seu estilo é mais ilustrativo e perfilado. As súas obras son un festín visual que combina formas e cores de maneira cativadora, creando un diálogo entre a abstracción e a representación.

Por último, a terceira artista Isabel Soutullo, preséntanos a súa visión figurativa, onde a realidade cobra vida a través dos seus pinceis. As súas obras conéctannos coa contorna e as emocións humanas dunha maneira palpable e conmovedora.

Isabel Méndez en Stoupa