Un ambicioso programa para formar ao profesorado en materia medioambiental
Un total de 25 profesores de Educación Infantil e Primaria da Costa da Morte recibirán un curso sobre o uso responsable do auga. Un curso que leva o título “Actividades didácticas en torno á auga” e que se celebrará nas instalacións dO Conco, en Dumbría durante os días 9, 16, 23 e 30 de abril de 2015.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar aos participantes para que poidan transmitir aos seus alumnos a necesidade de facer un uso responsable do auga na nosa sociedade, fomentar comportamentos ambientalmente correctos, potenciar a adquisición de hábitos que reduzan o consumo de auga ou concienciar sobre a importancia dos humedales para a conservación da biodiversidade.
Un curso que artella Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, que se atopa integrado na Rede de Formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do que é responsable o activo Xosé María Varela, un dos culpables da marea cultural do Couto. E que conta co apoio económico de Ferroatlántica e tamén do Concello de Dumbría.
Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña
O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña forma parte, xunto a outros seis centros de similares características, da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia. A súa función primordial é a de promover, deseñar, coordinar e certificar as actividades de formación que, baixo as directrices da Consellería, van dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios do noso ámbito xeográfico.
Fonte
- Redacción de QPC /info@quepasanacosta.gal).