Un coche tira co muro dunha casa tras sufrir un accidente en Raxo

Esta pasada madrugada de martes a mércores, pasadas as 5:30h, producíase un accidente en Brens, Cee. Un vehículo sufría unha saía de vía e posterior envorco no lugar de Raxo, na estrada que sube para Buxantes. O coche, un Mazda 3, tirou co muro dunha casa despois de levar por diante unha sinal de tráfico, un poste de teléfono e o peche dunha vivenda.

O coche ficou co motor desprazado polo impacto pero afortunadamente os dous ocupantes puideron saír do vehículo e foron atendidos polo 061.

Os Bombeiros procederon a retirar o cable de teléfono que estaba tirado na estrada para facilitar a circulación de vehículos. A grúa retirou o vehículo e e os Bombeiros limparon a estrada con auga e desengrasante.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novo-accidente-na-ac550-a-altura-do-mirador-de-gures/ https://quepasanacosta.gal/un-coche-empotrase-contra-unha-casa-en-gures/