Un ferido en Brens tras colidir contra tres coches aparcados

Unha persoa resultou ferida esta noite tras saírse da vía co seu coche - un Ford Focus - e colidir contra outros tres vehículos que estaban estacionados en batería diante dunha vivenda que tamén se viu afectada. Os coches que estaban aparcados eran un Peugeot 208, un Citroën Xsara e un Citroën Berlingo. O sinistro tivo lugar sobre as 3:15 horas desta madrugada en Brens - Cee -. Foi o propio conductor do primeiro dos vehículos implicados no sinistro o que alertou aos servizos de emerxencias. Ata alí desprazáronse os bombeiros de Cee, membros de Protección Civil, axentes da Garda Civil de Tráfico e un equipo médico que trasladou ao ferido ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112
  • Bombeiros de Cee