Un ferido nunha colisión por alcance en Cee

O accidente produciuse na AC 552 á altura do cruce de Toba Unha persoa resultou ferida esta tarde - ainda que parece que non reviste gravidade - tras unha colisión por alcance na que se viron implicados catro vehículos. Segundo informan os servizos de emexencias, o accidentado queixábase dunha forte dor no pescozo. O accidente produciuse sobre as 19:15 horas na AC 552 á altura do cruce de Toba (Cee) - nas inmediacións da gasolineria Bazarra -. O sinistro, que provocou importantes retencións, requeriu a intervención da Policía Local de Cee e doutros dipositivos de emerxencias. Este é o segundo accidente importante que se rexistra en menos de 24 horas nas  estradas da Costa da Morte xa que a pasada noite un coche bateu contra un camión en Vimianzo. Negreira
Estado no que quedou o coche dun mozo de Vimianzo tras bater contra un cabalo Por outra parte, este foi o estado no que quedou o coche dun mozo de Vimianzo tras un choque contra un cabalo cerca de Negreira. O accidente tivo lugar na noite do pasado domingo.  

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Axega
  • Policía Local Cee