Un ferido tras bater contra un xabarín e un camión
10 de xaneiro de 2019 (01:49 h.)
A pasada noite de mércores, pasadas as 20:00h, unha persoa tivo que ser trasladada ao Hospital tras sufrir un accidente na AC-552, en Lobelos (Cee), no cruce para Muxía. O vehículo chocou primeiro contra un xabarín que cruzaba a estrada e despois impactou contra un camión.