Un home tivo que ser excarcelado ao caer por un terraplén na estrada do mirador do Ézaro

Un veciño de Gures sufría un accidente arredor das 21:00h de onte sábado 24 de novembro, cando o se vehículo, un Ford Focus gris, caía por un tremendo desnivel. O suceso acontecía na estrada ao mirador do Ézaro. O accidentado parece que se recupera en bo estado tras ser excarcelado polos Bombeiros de Cee, que precisaron de cordas para chega ata o vehiculo.

Ao lugar chegaban antes que ninguén os operarios de Ferroatlántica, e iso que foi o propio condutor o que avisara ao 112.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).