Un videoxogo con raíces ceense triunfa na rede
Apenas ten 23 anos e a internet é o seu idioma. Un Tuitero ceense leva máis dun ano revolucionando a rede dende o seu perfil “fake”. @BorrachoEstoyy conta con case 60.000 siareiros, e cada rechío, cada comentario, as interaccións son espectaculares. At 10.000 retweets chegou a ter algún dos seus chíos… Un perfil que nace para non revelar a súa identidade, coa única intención de sacar a risa máis fácil e tonta, e loubar á súa parella sentimental, a Estrella Galicia.
Despois contamos a historia do “fake”, pero é que ademais do tuiter, este inquedo ceense, a día de hoxe autónomo e cun FP de programación ás súas costas, vén de crear un xogo APP para Android, que en apenas 2 días xa conta con case 9.000 descargas.
A APP Borracho Estoy non é máis que un xogo tonto estilo Angry Birds ou Flappy Birds, pero xa se sabe que na rede non hai que descubrir a esencia do protón para triunfar.
Coa intención de manterse no anonimato, cóntanos que estas cousas se aprenden en casa, fuchicando e roubando horas de durmir “indagando un poco por internet”. E de feito, cóntanos que ten varios amigos que xa viven da rede, por exemplo, facendo vídeos no Youtube, que de seguro son más divertidos que o camión…
Quen é o da cara?, preguntaredes. O mesmo lle preguntamos nós, demostrando que xa somos vellos dinosaurios da rede, e tras comprobar que non era o noso amigo ceense. Trátase dun rapaz estadounidense que se fixo famoso a través dunhas fotos que publicaron os seus amigos nas redes sociais un día de borrachera. A súa cara foi tan simpática que se fixo viral inmediatamente, sendo a imaxe de numerosas contas, ata chegar a ser o protagonista dun videoxogo feito en Cee… Os vieiros da rede son indescifrables.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).