Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda

Accidente en Ameixenda

Un bo susto levou esta mañá a parroquia de Ameixenda. Un coche perdía o control e envorcaba na AC-550, na saída de Cee cara Ameixenda, no carril para vehículos lentos. Un particular alertaba ao 112 ás 8:45h, e sinalaba que había unha persoa atrapada no interior do vehículo, un Seat Ibiza de cor verde, que obstruía o carril.

Inmediatamente a AXEGA mobilizou aos Bombeiros de Cee que tiveron que proceder á súa excarcelación, para que fose trasladada ao Hospital nunha ambulancia, pois tiña un forte traumatismo na cabeza.

Tamén acodiron ao lugar Urxencias Médicas, a Garda Civil e Protección Civil, que enviou a dous voluntarios. Ademais, tamén estaba presenta a Axencia Galega de Emerxencias, para limpar os restos do accidente na vía, e os bombeiros quedaban sinalizando o punto do accidente por seguridade.

 

Accidentes 2016-2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Bombeiros Cee