Unha persoa ferida ao colidir dous vehículos no porto de Brens

Despois do accidente entre dous coches pola mañá, os equipos de emerxencias tiveron que volver a actuar esta tarde en Cee. Ao redor das 15 horas tiña lugar nas inmediacións do porto de Brens unha colisión na que se viron implicados un coche (un Audi A3) e unha furgoneta (Citröen Berlingo) e que se saldou cunha persoa ferida. A vítima, que viaxaba no turismo accidentado, tivo que ser excarcerada polos bombeiros da localidade. Segundo indican os Bombeiros, o home recibiu o choque nas portas laterais dereitas que non o deixaban saír. Ademais, queixábase dun forte dor nas costas cada vez que intentaba moverse polo que decidiron excarceralo. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou do acontecido ao equipo do 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Local, aos Bombeiros de Cee, a Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2017

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112

Entradas Relacionadas