Unha tenda de telefonía de Cee e unha oficina bancaria de Corcubión sofren sendos roubos en unhas horas

Os atracadores entraron pola parte de atrás da tenda de Orange de Cee
Os atracadores romperon unha verxa e a ventá Dous roubos acontecidos nas últimas horas inquedan á veciñanza de Cee e Corcubión. Dous feitos realizados con distintos modus operandi que poñen de manifesto que son dous episodios diferenciados. De madrugada, era a tenda de Orange Cee, situada na rúa Domingo de Andrade, na mesma praza do Concello, a que sufría un roubo. Segundo nos informan os responsables, os atracadores entrarían pola parte traseira, a zona do almacén, unha rúa sen saída, rompendo unha verxa e unha ventá. A Garda Civil chegou primeiro, e agora mesmo segue en proceso de investigación, polo que os propios traballadores aínda non puideron acceder á tenda para saber se os atracadores levaron material informático e/ou cartos. A primeira hora da mañá, a alerta desprazouse ata a veciña vila de Corcubión. Concremente ata a oficina de Abanca, situada en pleno paseo. Alí, xusto á hora da apertura, un home de acento estranxeiro entraría cunha arma branca (aseguran que se trataba dun cúter) e levaría tras varias ameazas preto arredor de 2.000€. Afortunadamente non houbo danos persoais nin materiais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/detenen-ao-autor-de-27-roubos-en-vehiculos-por-bergantinos/