Unión Cidadá atribúese a idea do Centro de Día

A verdade é que a semana pasada Víctor Somoza compartía con nós o seu programa á fronte de Unión Cidadá, e un dos seus puntos era a construción dun Centro de Día. Dous días máis tarde, a Xunta anunciaba, en clara clave electoral, que vai realizar un proxecto para a conversión da antiga gardería nun Centro de Día.

Unha “coincidencia” que Somoza non deixa ao azar ou á “casualidade”, se non que considera que “tal anuncio e debido á presentación, o pasado luns 23, de parte do noso programa electoral onde incluíamos dito proxecto, pero moito máis ambicioso”. Cren que a Xunta “quere copiar parte do noso programa electoral”, e que o fai “para neutralizar as nosas propostas”.

En todo caso, considéraa “unha proposta pobre pero que acollemos con bos ollos, pois grazas a Unión Cidadá algo empeza a moverse no noso concello e plantexanse iniciativas que tiñan que terse feito nestes 35 anos por parte da Xunta, PP, PSOE, BNG e IxCEE, e que debido a pouca preocupación que tiveron todos polo concello de Cée non se levaron acabo”. E lembra que é o emprego o gran cabalo de batalla no programa electoral de Unión Cidadá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Unión Cidadá.