As Unitarias de Cee celebraron, no monte, o Día do Bosque

O día 21 de Marzo é o día da árbore e dos bosques.

O alumnado dos pequenos colexios CEIP de BRENS e da EEI da Pereiriña, coñecidos como as escolas unitarias de Cee, celebraron o pasado 21 de marz, día das Árbores e dos bosques, trasladándose ata o monte de San Pedro Mártir a plantar árbores autóctonas, instalar casiñas para paxaros e coñecer de primeira man a importancia da prevención de incendios dos nosos montes. 

A saída tivo lugar grazas a Axentes Ambientais e Bombeiros Forestais do distrito co que levamos anos colaborando, da súa man @s cativ@s aprenderon entre outras cousas as características da súas vestimentas e ferramentas, a utilización da motobomba e o valor do coidado da natureza.