De viaxe cultural polo berce de Europa

Alumnado do IES Agra Raices na Praza Dam de Amsterdam

Non deixamos de recoñecer o importante que é saír da aula para aprender. E por iso valoramos encarecidamente estas viaxes escolares que escapan dos parques de atraccións ou dos resorts.

Por Cee téñeno claro. O alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee estiveron a semana pasada visitando as cidades de Ámsterdam e Bruxelas. Acompañadas polas profesoras Lara Trillo, Iolanda Rodriguez e Mercedes Teijeiro, disfrutaron ao máximo desta viaxe cultural e tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis á historia e á cultura destas dúas cidades da man de expertos guías locais e visitar os principais monumentos.

En Ámsterdam, visitaron os dous museos emblemáticos da cidade: o Rijksmuseum e o Museo Van Gogh. En Bruxelas, tiveron a oportunidade de explorar o Atomium e descubrir o Museo do Diseño onde disfrutaron da exposición temporal adicada á historia da música disco.

Fóron 5 días de actividade frenética, paseando polos canales holandeses, Begijnhof, o Barrio Vermello, a Praza Dam, a Casa de Anne Frank e o Mercado da Flores en Amsterdam que remataron en Bruxelas na maxestuosa Grand Place, con visita obrigada ó Manekken Pis e ás maxestuosas galerías.


Alumnado do IES Agra Raices no Rijksmuseum de Amsterdam