Volven criticar a falta previsión municipal co abastecemento de auga de Lires

Pasan os anos e a parroquia de Lires segue sufrindo os mesmos problemas. Así acontece coa cobertura móbil, ou co abastecemento, como denuncia hoxe o BNG.

A semana pasada operarios municipais e empresas externas acometían o recheo do depósito de auga en Lires, unha vez que este ano só aguantou os primeiros días de agosto

"No Bng levamos insisitindo, desde fai anos, en dar solución aos problemas de suministro en varias parroquias e aldeas. Proposta nosa foi levar a auga a Pereiriña ou Sembra, pero tamén a de Gures e Lires, ambas sen executar".

Así o defendía Sergio Domínguez, voceiro local, no último pleno, cando foi expulsado "por defender enerxicamente a necesidade de acometer obras prioritarias, auga, saneamento, servizos de internet ou telefonía, etc..."

“Lamentamos que a alcaldesa siga instalada na política espéctaculo e de redes sociais, con fotos día tras día mentres seguimos carecendo de infraestructuras básicas en lugares tan visitados como Lires, onde o que menos se precisa é tirar palcos da música e renovar prazas que están perfectamente. A ría contaminada, a praia pechada ao baño, as vías interiores cheas de fochancas e con aspecto dos anos 60, a separación das augas pluviais das fecais para un correcto funcionamento da depuradora ou ausencia dunha soa zona peonil, son, entre outras, obras prioritarias”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee.