Acordoan o Rexistro de Corcubión tras atoparen dúas granadas na porta

Así estaba hoxe o Rexistro

Dúas granadas de man metidas nun tapper, foron atopadas pola operaria de limpeza esta mañá de luns na porta do Rexistro da Propiedade de Corcubión.

Axentes da Garda Civil procederon inmediatamente a desaloxar o edificio e acordoar a zona do edificio.

Ademais, foi mobilizado un equipo de especialistas en explosivos TEDAX, para verificar se as granadas tiñan carga e se estaban activadas. Finalmente confirman dende as forzas da orde que estaban desactivadas.

Xa acontecera algo semellante a semana pasada en Cambre, pero polo de agora non se atopan vínculos.

imaxe da granada atopada en Corcubión
imaxe da granada atopada en Corcubion