Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión

Hai pouco os profesionais do mar denunciaban a falta de facultativos para realizar o recoñecemento médico no ISM de Corcubión. Estes días son dous grupos políticos os que elevan a alerta. O pasado venres o deputado do BNG Néstor Rego levaba ao Congreso dos Deputados estatal a posible perda do servizo que ofrece o Instituto Social da Mariña.<br/>Rego instou o Goberno a que "realice as xestións necesarias que faciliten, potencien e garantan a cobertura das prazas. O BNG critican a "centralización" na cidade da Coruña destes servizos, e advirte que o posible peche da oficina corcubionesa pode ser "un precedente para pechar tamén o de Muros".

Na mesma liña, o grupo Sempre Corcubión considera que ”esta prestación de recoñecemento médico previo o embarque, revisións de botiquíns, formación sanitaria os traballadores e traballadoras do mar, prestacións da Seguridade Social, xubilacións, incapacidade temporal, rexistro de documentos, etc. pode estar en serio perígo de desaparición en Corcubión, ca posible intención de traslado a outro lugar mais afastado da comarca”, denuncia o grupo.

Por iso piden que “o goberno do Concello de Corcubión que defenda este tema e se poña en contacto ca responsable da dirección provincial do ISM, Margarita Pėrez Sánchez, para clarificar esta duda”.

”Non podemos perder capacidade como centro administrativo”, explican os concelleiros Alfredo González García e David Silva Blanco. “A despoboación empeza por este tipo de cousas, obrigando paseniñamente a fuxida da nosa xente para outras zoas equipadas de servizos e infraestructuras.

Problema comarcal

Unha problemática que ademais atinxe aos profesionais de toda a bisbarra. Dende Malpica a Fisterra, pasando por Corme, Laxe, Camariñas, Camelle, Muxía e Corcubión, son máis de 1.000 os traballadores e traballadoras do mar afectados por este posible peche.

Novas relacionadas