Aquiles Garea lévanos en barco de vapor polos tempos do carbón

Este mércores 28 de xullo, ás 20:00h, o cárcere vello de Cofrcubión acolle unha nova presentación literaria. Trátase do libro de Aquiles Garea Moledo, “Carboneando en Corcubión”, editado pola Deputación da Coruña-

O libro lévanos a finais do século XIX e comezos do XX, como punto de referncia para os barcos de vapor que transitaban fronte o cabo Fisterra. O libro é un achegamento á particular historia do carbón na comarca, sempre vinculada a Plácido Castro Rivas e á súa Compañía General de Carbones.