Arrinca un novo curso na Escola de Teatro de Corcubión con Toño Casais

Se por Carnota, Cee ou Muros son musiqueiros, en Corcubión a rapazada éche máis teatreira. Así o demostra a cantidade de rapaces que cada anos aprenden con Toño Casais, de Talía Teatro, a arte da actuación. En novembro comeza un novo curso da escola municipal de teatro do Concello de Corcubión. Os interesados poderán anotarse chamando ás dependencias municipais, ou acudindo directamente o día 5 pola tarde á casa da cultura.