Son as Asociacións Culturais as que manteñen o pulso curtural en Corcubión. Sempre falamos da xente da Universidade Cromática das Virtudes e esta semana coñecemos as actividades da Universidade Popular, e da Asociación Nerio, dúas entidades que conseguen facer pobo e ademais traspasa fronteiras colleitando premios e espallando o saber tradicional por todo o país.
Actividades da Asociación Nerio
A Asociación Nerio xa está preparada para comezar outro ano repleto de actividades. Esta semana comezan o curso con novas actividades para todos os que queiran facerse socios e pasar unhas horas divertidas.
Horarios:
Baile galego de 16:30 a 19:00 horas na Casa da Cultura.
Pilates: os xoves de 21:00 a 22:00 horas no Pabillón Municipal.
Zumba: mercores e venres de 21:00 a 22:00 horas no Pabillón Municipal.
Teatro infantil: venres de 18:30 a 19:30 horas na Casa da Cultura.
Guitarra: venres de 19:30 a 20:30 horas na Casa da Cultura.
As matrículas seguen abertas e poden apuntarse a través do teléfono 692.781.342, a través do facebook da asociación ou tamén no mail asociacionnerio@gmail.com.
O Grupo Xaldón, en marcha
Tamén o Grupo de Baile Xaldón, pertencente a esta asociación, comeza os seus ensaios, xa que despois dun verás con moitas actuacións, incluso fora do país, tomaron un mes de descanso ben merecido. Este sábado comezarán a preparar outro ano máis cheo de concursos e festivais cos que levarán o nome de Corcubión e de toda a Costa da Morta pola nosa xeografía e parte do extranxeiro.
Actividades da Universidade Popular de Corcubión
Comeza o curso e tamén o fan as aulas de música, baile e canto tradicional da Asociación cultural-pedagóxica “Universidade Popular de Corcubión”. Mestres tan cualificados como Edelmiro Regueira e Ramón Maril serán os responsables este ano de impartir as clases a nenos e adultos.
As clases serán de:
Pandeireta e canto tradicional: nen@s e adult@s, varios niveis.
Gaita e percusión tradicional (tamboril e bombo).
Baile tradicional para nenas/os.
Información e matrícula
Podes contactar coa U.P. de Corcubión no tlf 672017749, a través da páxina de facebook Universidade Popular de Corcubión ou correo electrónico universidadecorcubion@gmail.com.