As Asociacións da Redonda organizan unha Xornada de Prevención de Incendios

Este domingo 17 de setembro, o Albergue de San Roque, en Corcubión, acolle unhas Xornadas de Prevención de Incendios organizadas polas Asociacións locais de San Pedro da Redonda, do Lugar de Quenxe e de San Roque. Tres entidades da parroquia da Redonda que comezan a traballar conxuntamente e que, de seguro, van dar que falar de aquí en adiante.

Será un encontro aberto, cheo de preguntas que intentará Marcos Ferreira, enxeñeiro forestal que vén do Courel. Ferreira contará a experiencia vivida os pasados anos nos lumes dunha zona que ten moi pouco eucalipto ou piñeiro (especies pirófitas, que arden con máis facilidade que as autóctonas) pero onde sufriron a perda de ata 6 casas que foron asolagadas polo lume.

A xornada pretende concienciar á veciñanza da necesidade de tomar medidas de prevención reais para darlle menos posibilidades á proliferación de incendios nos nosos montes.