Avanzan as obras de modernización do Cuartel da Garda Civil de Corcubión

Visita institucional onte ao Cuartel da Garda Civil de Corcubión. Comandada pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e acompañada do alcalde de Corcubión, a alcaldesa de Fisterra e varias edís de Corcubión e Cee, comprobaron o estado das obras de remodelación integral do cuartel corcubionés. nunha obra promovida polo Goberno de España cun investimento de 2.575.360,59 EUROS, financiada cunha axuda dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Durante a visita, Rivas destacou que se trata dunha actuación “fundamental para modernizar as instalacións policiais e adaptalas ás necesidades actuais dun servizo público esencial como é o da Garda Civil”. As obras en curso inclúen melloras estruturais, de eficiencia enerxétiva, de accesibilidade, ademais de actualización das redes de comunicación e apertura de novos espazos operativos e administrativo.

“O obxectivo é claro: dignificar o traballo diario dos axentes e ofrecer á cidadanía unhas instalacións acordes ao seu dereito a unha atención de calidade”, subliñou a subdelegada.