Buserana desmonta bulos patriarcais con Mariña Lestón
12 de novembro de 2025 (00:26 h.)
A Organización Feminista Buserana organiza para este sábado 15 de novembro, un obradoiro con Mariña Lestón para “desmontar bulos patriarcais”. A actriz e traballadoras social fisterrá, estará ás 20:00h na Capela do Pilar para ofrecer unha conversa/obradoiro/acción teatral en clave de igualdade.