Carballo e Corcubión volveron ás rúas para esixir o fin do xenocidio en Palestina

Imaxe da concentración de onte en Corcubión

Este luns 2 de xuño, máis de 30 vilas do país volveron saír á rúa en numerosas concentracións de solidariedade con Palestina. Dúas delas foron Carballo e Corcubión, onde secudaron as citas convocadas pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e apoiadas polo BNG.

Houbo lectura dun manifesto no que se reiterou a denuncia do xenocidio que segue a executar o Estado sionista de Israel contra o pobo palestino, destacando que "a masacre ten uns cómplices necesarios, sen os cales sería imposíbel a súa continuidade do seu proxecto colonialista. Sería imposíbel sen o patrocinio directo dos Estados Unidos e sen o silencio cómplice da Unión Europea, que apoia de xeito económico e político o xenocidio”.

Denunciouse ademais que "o goberno galego decidiu tirar a carouta e mostrar a súa verdadeira axenda, reuníndose ás agachadas co embaixador en funcións do Estado sionista, nos peores momentos do masacre”.

Así foi a cita en Carballo:

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by BNG Carballo (@bngcarballo)

As demandas

Nas concentracións tanto de Carballo como de Corcubión, ao igual que nas outras realizadas este luns en 35 localidades da Galiza, demandouse:

  • O fin inmediato do xenocidio en Gaza e en toda Palestina.
  • O embargo total de armas e a ruptura de relacións co Estado de Israel.
  • A expulsión do embaixador israelí e o recoñecemento efectivo do Estado palestino do río ao mar, co retorno das persoas refuxiadas.
  • A dimisión de quen, dende Galiza, se preste a normalizar relacións con quen perpetra crimes de guerra.
  • A aplicación de medidas reais de boicot, desinvestimento e sancións contra Israel dende as institucións galegas, locais e autonómicas.