Carballo e Corcubión únense á rede de Concellos acolledores de refuxiad@s siri@s
21 de setembro de 2015 (08:15 h.)
Sen vivendas
Non obstante, dende a Concellería de Igualdade e Benestar faise un chamamento á colaboración dos propietarios que estean en disposición de ceder pisos ou casas. “Nós temos recursos, pero non temos vivendas”, explica Maica Ures. Esas vivendas pasarían a formar parte do banco de aluguer, de maneira que o Concello de Carballo subscribiría os seguros correspondentes e cubriría tamén todos os gastos de mantemento e impostos municipais. O obxectivo da Concellería de Igualdade e Benestar é dispoñer dunha oferta o máis ampla posible aínda que finalmente non chegue a ser precisa. A concelleira tamén pide a colaboración das veciñas e veciños que se ofreceron para acoller refuxiad@s para que -dado que ese tipo de asilo non está previsto- realicen tarefas de acompañamento para todo tipo de trámites administrativos. Nese sentido, dende o departamento de Igualdade e Benestar tamén se pide a colaboración de avogados, psicólogos e calquera outro profesional que poida ofrecer os seus servizos ás persoas refuxiadas. En principio, a chegada d@s primeir@s refuxiad@s está prevista para dentro de seis meses, e a súa acollida en Galicia faríase de xeito gradual ao longo dos dous anos seguintes.Fonte
- Concello de Carballo.