Comisados 8.650 kg de xarda no porto de Corcubión

Xarda incautada esta pasada madrugada no peirao corcubionés

Novo ataque contra as malas prácticas das embarcacións do cerco da comarca. Un dispositivo de control do Servizo de Gardacosta, dependente da Consellería do Mar, comisaba esta madrugada do mércores a xoves máis de 8650 kg de xadra a un cerqueiro.

Os axentes requisaron e enviaron ao Banco de Alimentos a xarda, que fora pescada en zona prohibida.

Novas relacionadas