O Concello de Corcubión estrea web
08 de xullo de 2022 (07:56 h.)
Este xoves, no salón de plenos do Concello de Corcubión, foi presentado o novo deseño da páxina web oficial do Concello, www.corcubion.gal , que incluirá unha nova web específica para o turismo (turismo.corcubion.gal).
"Unha nova ferramenta é fundamental para potenciar un dos piares do futuro do noso concello, declarado de interese turístico de Galicia", sinalou no acto o alcalde Lalo Insua, que acompñaou ao veciño da vila Jan Lamas, representante da empresa de servizos informáticos Sixtema, que vén de realizar a labor de xeito voluntario.