Coñecendo Corcubión a través da andaina

O próximo Sábado 25 de Xullo , o Concello de Corcubión  organiza  unha andaina dentro do programa deportivo do verán 2020.
Esta andaina, con saída as 9:30 da praza Castelao percorrerá os distintos puntos emblemáticos do concello. 

Ao comezar, no paseo marítimo atoparán o primeiro dos lavadoiros restaurados que se verán durante o percorrido, ata o aldea de Quenxe.  Subiráns ata Oliveira contemplando as vistas e bordeando o litoral utilizando camiños dos pescadores ata chegar o faro. Este camiño pasa ademasi polas boleiras de prado do monte.

Logo de facer a parada de avituaiamento fronte ó mar, chega un tramo pequeno pero con con algo de dificultade, pois pasarán por uns camiños estreitos e próximos ó mar, chegando a camiñar polas rochas e esquivando algún muro lindante de terreos. Dende ali, dirixiranse á aldea de Amarela , subindo ata o Vilar, continuando camiños  ata o Cuartel e baixando polas rúas do pobo ata a praza Castelao, onde finalizarán a ruta.

Andaina: Concello de Corcubión . Coñecendo Corcubión.

  • Data :Sábado 25 de Xullo de 2020
  • Lugar de saída: Praza Castelao
  • Hora de saída: 9:30 horas 
  • Hora de presentación no lugar de saída: 9:15 horas
  • Ruta lineal de 12 km e de dificultade moderada
  • O tempo previsto para completar o percorrido é dunhas 3 horas aprox.
  • Hora prevista de chegada: 12:30 horas. Praza Castelao.

Recoméndase calzado e roupa adecuada, así como bebida e comida para o avituaiamento. O percorrido non pasa por ríos nin zonas de auga e parte do camiño é sobre cemento ou asfalto.

Inscrición gratuíta: 25 prazas ata o Venres 24 de Xullo ás 14:00 nas oficinas municipais ou no teléfono 981745400.