Corcubión abre un curso de coidadora de menores

O Concello de Corcubión abre o prazo ata o 19 de xaneiro para incribirse no curso de coidadora de menores. Dito curso reálizase dentro do programa de formación a prol do emprego feminino, subvencionado pola Deputación Provincial e que ten como finalidade habilitar profesionalmente ás mulleres, preferentemente de Corcubión, para favorecer a súa incorporación ao mercado de traballo.

O número de prazas é 20, cunha duración de 31 horas e desenvolverase na casa do concello dende o 23 de xaneiro ao 3 de febreiro, de 10 a 13:15 horas. As interesadas poderán inscribirse no departamento de servizos sociais, ou chamando ao teléfono 981 745 400.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.