Pequenos diplomados na Escola Municipal de Vela de Corcubión


Xa vai un ano dende a súa innovadora creación como a única Escola Municipal A Vela do país. O Clube Marítimo Carrumeiro e o Concello de Corcubión valoran como un rotundo éxito este ano de traballo, no que 14 cativos puideron achegarse ao mar dun xeito deportivo e san.
E o clube corcubionés pecha o ano coa entrega de diplomas. Así, o pasado mércores 28 de decembro 2011 o Carrumeiro acollía o acto de entrega de Diplomas do Curso de Iniciación a Vela aos participantes no devandito programa "Escola Municipal a Vela Concello de Corcubión 2011". Un acto que chegaba pasado por auga pois os mozos navegantes puideron disfrutar dunha xornada intensiva de 7 horas de 11:00h a 18:00h
I é que foi un ano completo, cunha sesión de mar semanal para os 14 balandristas de idades comprendidas entre 6 a 11 anos.

Con todo, cómpre deixar claro que isto non é unha despedida, senón o fin da etapa 2011. Pero o ano que vén máis, pois xa está en marcha a campaña da Escola Municipal a Vela Concello de Corcubión 2012 que inicia a súa actividade en xaneiro con veteranos e noveis navegantes.
Novas relacionadas
- Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio.
- O Carrumeiro segue crecendo con novos regativas e novas escolas municipais de vela.
- Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- Camariñas acolleu un curso de vela para Adibismur.
- 200 nenos disfrutaron do mar a vela dende a Escola.
- En marcha a pioneira Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
Máis novas acuáticas
- De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- O Piragüismo Dumbría xa é flamante campión galego.
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.