Corcubión celebra o Día de Rosalía cunha exposición

  • Poderá visitarse na Casa da Cultura entre o 20 de febreiro e o 9 de marzo, en horario de apertura da Biblioteca Municipal

Corcubión renderá homenaxe á poetisa galega cunha exposición que afonda na súa vida e obra, no contexto cultural no que estas transitaron.
Trátase dun proxecto producido pola área de Cultura da Deputación da Coruña que quere promover a comprensión sobre a vixencia da lectura de Rosalía, con textos de Francisco Rodríguez, debuxos de Pepe Carreiro e deseño de Bruno López Teixeiro.

A exposición poderá visitarse entre o 20 de febreiro e o 9 de marzo na Casa da Cultura de Corcubión, en horario de apertura da Biblioteca Municipal (Luns: 10h-14h; martes e mércores: 10-14h e 15h-18:30h; xoves e venres: 14h-21h; sábado: 10h-13:30h.