Corcubión despediu as festas co seu tradicional Festival de nadal

A Coral Airiños de Quenxe no Festival de Nadal de Corcubión-Foto-Vicente Jesús Bernal Tortosa

A pasada noite tivo lugar na Casa da Cultura de Corcubión o tradicional Festival de Nadal, que puxo punto e final ao pasado ano cultural 2017 na Vila. A cita organizada polo Concello de Corcubión, Coral Airiños de Quenxe, Universidade Popular de Corcubión, Baile Xaldón e a Asociación Cultural e Deportiva Nerio, reuniu a un gran número de persoas que non quixeron perderse o evento.

As diferentes asociacións culturais de canto e baile da localidade, amenizaron a velada aos asistentes cos seus repertorios, aplaudidos con efusividad polo público asistente.

Membros da Universidade Popular de Corcubión no Festival de Nadal-Foto-Vicente Jesús Bernal Tortosa

Con este evento ademais de poñerse fin ao ano cultural 2017, o Concello agradeceu a implicación de todos as asociacións no desenvolvemento cultural da localidade e deu por comezado o actual curso cultural 2018, no cal haberá que seguir traballando na organización e desenvolvemento das diferentes actividades, sempre coa mirada posta no desenvolvemento lúdico, didáctico e cultural, tanto os seus compoñentes, como da propia Vila de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Vicente Jesús Bernal Tortosa.