Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións

Gran resposta na Capela do Pilar de Corcubión ás xornadas de Filosofía para veraneantes Xa está a pleno rendemento o ambicioso programa de Filosofía para Veraneantes da activa Universidade Cromática das Virtudes. Este ano as charlas abranguen outros gremiso do pensamento máis alá da filosofía e mesmo se está a poñer luz sobre proxectos e propostas que están sucedendo na Costa da Morte e que poden axudarnos a pensar o que somos, como somos, e como poderiamos transformarnos. Este ano, ademais de atopar un equilibrio no cartel en materia de igualdade, hai tamén un equilibro entre a riqueza (os ponentes son todos da zona) e a xenerosidade (ninguén cobra nada) . A resposta da veciñanza e dos visitantes está sendo máis que destacable, con numeroso público ateigando cada día da semana a Capela do Pilar de Corcubión e con abundantes intervencións ao remate de cada sesión.
Manuel Amigo, con Miguel Vázquez Freire, en Corcubión A cita que abría o programa celebrouse o pasado luns con Manuel Amigo, como protagonista. O xalleiro presentou un proxecto que lidera de moeda social contextualizando a súa urxencia por dous motivos principais. Un debido ás consecuencias que nos imos a atopar ou atoparán as xeracións venideras polo agotamiento de recursos dun planeta finito e pola urxencia de intervir sobre a despoblación e abandono que sofre o medio rural a causa do sistema político económico actual. Desde fai 7 anos desenvolven os costavales como moeda que acompaña ao euro en Santa Comba e que permite fomentar a riqueza local evitando a "fuga" de capital cara a contextos máis globais. www.costavales.com. Esta moeda está pensada para que poida ser introducida non só en Santa Comba senón en máis pobos da costa. É un proxecto pionero na zona. O tema da xestión e organización sobre o uso do diñeiro de xeito alternativo xera sempre debate polas nosas dificultades a imaxinalo funcionando doutros modos.
Sabela Romar nas sesions de Filosofias para Veraneantes A corcubionesa Sabela Romar volveu a súa casa dende Bruxelas, onde traballa para a televisión, para falar dende unha visión próxima e pedagógica para que o público se fixera consciente do funcionamento e da operativa dos medios de comunicación poñendo a disposición a súa perspectiva e coñecemento veterano sobre os medios. Falou das últimas tendencias nos modos informativos afectados polos novos medios como twitter ou facebook, da inmediatez da información, da deficiencia na súa profundización e dos problemas que provoca a manipulación da mesma e fáltaa rigor informativo. Provocou un debate moi participado e a curiosidade dun público moi mesturado en idades (novas e maiores/anciáns, entre eles o seu avó). A xente sentiu a posibilidade de achegarse a un medio cotián desde a perspectiva honesta e aberta de alguén que coñece a súa operativa desde dentro. “Sabela axudounos a pensar o seu funcionamento e a nosa posición ante certos prácticas partidistas e de poder mediáticos”, cóntannos as organizadoras. Onte a presencia de Eva Garea e Miguel Vázquez Freire, un dos principais armadanzas destas sesións, reflexionou sobre a ética do amor, quedando aínda para este xoves e venres dúas interesantes charlas con Ricardo Rodríguez de Rávena e a nosa colaboradora María Bella. Estade atentos a https://www.facebook.com/filosofiaapederua/ pois aí será onde vaian subindo os vídeos das charlas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-filosofia-profana-de-conecemento-a-capela-do-pilar-de-corcubion/