Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións

Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións
Sabela Romar nas sesions de Filosofias para Veraneantes de Corcubion na capela do Pilar Gran resposta na Capela do Pilar de Corcubión ás xornadas de Filosofía para veraneantes Xa está a pleno rendemento o ambicioso programa de Filosofía para Veraneantes da activa Universidade Cromática das Virtudes. Este ano as charlas abranguen outros gremiso do pensamento máis alá da filosofía e mesmo se está a poñer luz sobre proxectos e propostas que están sucedendo na Costa da Morte e que poden axudarnos a pensar o que somos, como somos, e como poderiamos transformarnos. Este ano, ademais de atopar un equilibrio no cartel en materia de igualdade, hai tamén un equilibro entre a riqueza (os ponentes son todos da zona) e a xenerosidade (ninguén cobra nada) . A resposta da veciñanza e dos visitantes está sendo máis que destacable, con numeroso público ateigando cada día da semana a Capela do Pilar de Corcubión e con abundantes intervencións ao remate de cada sesión. Manuel Amigo en Corcubion Manuel Amigo, con Miguel Vázquez Freire, en Corcubión A cita que abría o programa celebrouse o pasado luns con Manuel Amigo, como protagonista. O xalleiro presentou un proxecto que lidera de moeda social contextualizando a súa urxencia por dous motivos principais. Un debido ás consecuencias que nos imos a atopar ou atoparán as xeracións venideras polo agotamiento de recursos dun planeta finito e pola urxencia de intervir sobre a despoblación e abandono que sofre o medio rural a causa do sistema político económico actual. Desde fai 7 anos desenvolven os costavales como moeda que acompaña ao euro en Santa Comba e que permite fomentar a riqueza local evitando a "fuga" de capital cara a contextos máis globais. www.costavales.com. Esta moeda está pensada para que poida ser introducida non só en Santa Comba senón en máis pobos da costa. É un proxecto pionero na zona. O tema da xestión e organización sobre o uso do diñeiro de xeito alternativo xera sempre debate polas nosas dificultades a imaxinalo funcionando doutros modos. Sabela Romar nas sesions de Filosofias para Veraneantes de Corcubion na capela do Pilar 2 Sabela Romar nas sesions de Filosofias para Veraneantes A corcubionesa Sabela Romar volveu a súa casa dende Bruxelas, onde traballa para a televisión, para falar dende unha visión próxima e pedagógica para que o público se fixera consciente do funcionamento e da operativa dos medios de comunicación poñendo a disposición a súa perspectiva e coñecemento veterano sobre os medios. Falou das últimas tendencias nos modos informativos afectados polos novos medios como twitter ou facebook, da inmediatez da información, da deficiencia na súa profundización e dos problemas que provoca a manipulación da mesma e fáltaa rigor informativo. Provocou un debate moi participado e a curiosidade dun público moi mesturado en idades (novas e maiores/anciáns, entre eles o seu avó). A xente sentiu a posibilidade de achegarse a un medio cotián desde a perspectiva honesta e aberta de alguén que coñece a súa operativa desde dentro. “Sabela axudounos a pensar o seu funcionamento e a nosa posición ante certos prácticas partidistas e de poder mediáticos”, cóntannos as organizadoras. Onte a presencia de Eva Garea e Miguel Vázquez Freire, un dos principais armadanzas destas sesións, reflexionou sobre a ética do amor, quedando aínda para este xoves e venres dúas interesantes charlas con Ricardo Rodríguez de Rávena e a nosa colaboradora María Bella. Estade atentos a https://www.facebook.com/filosofiaapederua/ pois aí será onde vaian subindo os vídeos das charlas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-filosofia-profana-de-conecemento-a-capela-do-pilar-de-corcubion/

Comentarios