Corcubión revisará o seu pioneiro e obsoleto Plan Especial do Casco Histórico

Reunion dos responsables de Corcubion coa Conselleria de Medio Ambiente

Algo pasa en Corcubión nestes meses. Despois de varios anos de parálise parece que todo se pon en marcha a uns meses das municipais. Primeiro foi a pequena remodelación do solar do cine vello, despois a posta en marcha das obras de reposición da legalidade da “Casa de Manolete”, na mesma praza de Castelao; a continuación o anuncio das obras de acondicionamento da praza Médico Ramón Carrera. E agora, a Xunta anuncia a revisión do Plan Especial do Casco Histórico.

Unha revisión que serve para actualizar e adaptala ás normativas actuaiss unha ferramenta que data de 1991. De feito, Corcubión foi pioneiro ao ser o primeiro concello galego en contar con este instrumento de ordenación e protección do territorio.

Agora, o novo Plan (a revisión terá un orzamento de 100.000€) tomaranse medidas sobre a ordenación do territorio, no urbanismo sostible e na protección do patrimonio arquitectónico e cultural.

Novas relacionadas