Proxeción de curtas en Corcubión polo día da Diversidade Sexual
26 de xuño de 2025 (00:56 h.)
Con motivo do día da Divesidade Sexual, que se conmemora o 28 de xuño, este venres os xardíns da Casa do Concello de Corcubión serán o escenario para a proxección de varias curtas que xiran ao redor da diversidade sexual.
Esta é unha actividade organizada polo Concello de Corcubión a través da Concellería de Benestar Social, Muller e Igualdade.