Escoitando o Que pasa na Costa tamén polas ondas

Segue ampliando QPC as súas colaboracións coas emisoras máis comprometidas do país. Cada martes, Ubaldo Cerqueiro abre día analizando a actualidade costeira para toda Galicia, no programa Arredor de Nós da Rede de Emisoras Municipais Galegas RadioFusión. Unha intervención, a partir das 9:20h de cada martes, que tamén se escoita nas radios irmandadas da Costa da Morte, radiONeria e Radio Roncudo.

E precisamente as radios costeiras abren un novo programa de actualidade, da man do poeta Ósca de Souto. O tamén columnista nas #FirmasQPC dálle un xiro informativo ao seu, ata agora, programa literario O Noso Xeito. Agora, coa literatura de telón de fondo, falará de actualidade, e entre os invitados teremos tamén a Ubaldo Cerqueiro, repasando a actualidade da Costa da Morte.

A semana pasada eran Xosé Manuel Varela, activista cultural da Costa da Morte e filólogo galego, así como coa participación de Modesto Fraga, escritor fisterrán dende Arteixo, os que falaban con Óscar de Souto.  

Máis información

  • Poden escoitar O Noso Xeito cada mércores a partir das 23:00h no 107.8 da FM para as terras de Fisterra, no 106.1FM dende as terras de Bergantiños, e a través dos blogs da radiONeria e Radio Roncudo.
  • Artigos de Óscar de Souto

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).