Falece unha persoa en Corcubión por unha indisposición mentres conducía

Este mediodía de martes 25 de outubro, arredor das 12:00h, unha persoa perdía a vida mentres conducía na entrada norte de Corcubión. O condutor sufría unha indisposición ao volante, e sufría unha saída de vía. Un veciño atopaba o choque coa vítima inconsciente no interior do vehículo.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil, acodían ao lugar, así como Bombeiros de Cee, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade.

A falta de esclarecer as circunstancias do accidente, consideran que o máis probable é que a persoa puido sufrir unha indisposición previa ao accidente.