O folclore costeiro segue triufando en Francia

O Grupo de Baile Xaldon de Corcubión baixo a Torre Eiffel

Despois do éxito de dúas familias costeiras en Lorient, outra expedición da Costa da Morte está estes días por Francia. O Festival Internacional de París acolle estes días centos de actuacións, entre as que destacab a presencia do Grupo de Baile Xaldón, da Asociación Cultural e Deportiva Nerio de Corcubión.

O grupo corcubionés comparte escenario con grupos de Polonia, Lituania, Bulgaria e Turquía, volvendo demostrar o amor de Francia polo floclore.

Muros, tamén en Francia

Ademais, a Agrupación Ximiela, de Muros participou a semana pasada na 99ª edición do Festival Le Filets Bleus, que se celebra no Concello de Concarneau. Trátase dun encontro de músicas celtas onde participan moitos dos mellores grupos de toda Bretaña, Irlanda e Escocia, e músicas do mundo,  con grupos desde outras localidades de Francia como Nantes e Nimes ou de rexións balcánicas coma Macedonia. 

O Festival comezaba o pasado mércores 14 cun desfile de inauguración a cargo da Banda de Gaitas Ximiela e grupo anfitrión a Bagad de Concaneau. Un dos puntos fortes foi o xoves 15 cando, no escenario principal do festival,  Ximiela fixo unha actuacion de hora e media, de música, pandereteiras e baile ante máis de 2500 persoas.  Logo de máis actuacións, concertos e algunha pequena saída a veciña vila de Quimper, o domingo 18 celebrouse a tradicional GRANDE PARADE,  un desfile con máis de 50 grupos, onde Ximiela paseou con moito orgullo a bandeira de Galicia,  deixando a nosa cultura no máis alto do Festival Les Filets Bleus de Concarneau. 

 

Despois de ano cheo de éxitos gracias a representación de RAIGAME,  que xa leva máis de 3000 espectadores e que volverá despois do verán con mais datas, esta oportunidade de estar novamente en Bretaña (xa estiveran no 2017 no Festival Intercéltico de Lorient) foi un regalo ben gañado por tódolos compoñentes de Ximiela por todo o intenso traballo que realizan o longo do ano.  Pero o verán Non acaba aquí,  Xa que do 6 o 8 de setembro estarán,  tamén representando a Galicia, no Festival Internacional da Gaita de Villaviciosa,  xunto a bandas asturianas e bretonas. 

Novas relacionadas