A Foliada habita en Corcubión
Marabillosa noite de foliada este pasado sábado no Cárcere Vello de Corcubión, demostrando que ademais o relevo xeracional na música tradicional está máis que asegurado. A Universidade Popular de Corcubión xuntou unha ducia de grupos de cantareiras, pandereitas e gaiteiras de toda a comarca.
O patio da antiga prisión non parou de recibir os puntos dos bailes que aderezaban a música dos grupos que ían subindo polo escenario, como o “Grupo de Gaitas Pedras Miudas”, “O noso toque” e “As Cabaleiras do Camiño” de Lires, o “SibDoSolpor”, “Os Queloutros”, “as Trubisquiñas” de Vimianzo, As do Berrón”, "Mestura Fol", “Jandaina”, “Antía, Uxía e Carla de Lires”, “Os pequenos de Lires”.
Non faltaron as artistas locais, como os grupos de Pandereitas, de nenas e de Gaitas da propia Universidade Popular, as “Xaviñanas”, “Perrachica”, “Silvana, Alana e Suevia”, “Alis, Casilda e Miro”, “Grupo de gaitas e percusión da UP”, “As Rinchonas”.
A xornada rematou a base de callos, convertíndose auténtica demostración de que as festas máis tradicionais están moi vivas na comarca de Fisterra.