"A Galopar": Nace unha nova revista literaria na comarca
01 de abril de 2026 (07:57 h.)
O vindeiro sábado 4 de abril, Corcubión acolle o acto de presentación dunha revista literaria que nace baixo a dirección de Abraham Trillo co nome de “A galopar“.
Dito acto, no que intervirán varios membros da mesma, celebrarase ás 12:00 horas no Centro Recreativo Cultural (Casino) da vila.