Un incendio na parte traseira do Hotel Hórreo provoca unha gran fumareda na ría de Corcubión

Foto Protección Civil Corcubión

Esta pasada tarde de mércores, arredor das 18:40, rexistrábase un incendio no que foi Hotel Hórreo, en Corcubión. Restos de leña apilada na parte traseira provocaron unha gran fumareda.

Axentes de Prot. Civil e Bombeiros de Cee sufocaron o lume, en apenas media hora e usando 2.000 litros de auga. Un lume posiblemente provocado por unha colilla, ou algo semellante, "caído" dende a estrada.