Unhas Letras Galegas de baile e premio en Corcubión

As Xavinañas da Universidade Popular de Corcubión acadaron o terceiro premio no Concurso de Xacarandaina

Celebrou a Universidade Popular de Corcubión o seu especial Día das Letras Galegas. E fíxoo en clave de baile, e de premio, pois as Xaviñanas participaron no "XXX Concurso de música tradicional Xacarandaina”, na Coruña. Un triunfo para as costeiras.

Mentres, na vila de San Marcos, pequenos e pequenas da vila disfrutaron dunha xornada lúdica-infantil, coloreando debuxos según a letra de inicio. Un acto coordinado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que xa pola tarde tamén organizou unha charla, con Marcos Maceira, Presidente da “Mesa Pola Normalización Lingûística" e o Secretario da asociación Xabier Santos, sobre “Liberdade, Igualdade e Xustiza para o Galego”.