Motín musiqueiro no Cárcere Vello de Corcubión

Algúns dos grupos que tocaron na Foliada de Corcubion

Espectacular foi a Foliada que a Asociación Universidade Populara de Corcubión artellaba no “Cárcere Vello de Corcubión”. Un auténtico motín musiqueiro no que participaron grupos de toda a Costa da Morte, deixando para a lembranaza unha fabulosa velada e houbo festa rachada ata altas horas da madrugada.

Así, o que noutrora fora un lugar de tristura, encheuse de música e ledicia. Foron 14 grupos pasando polo escenario, como Paipetiques, As Lerchas, O carallo 29, Pandereteiros de Berdillo, Gaiteiros de Xacarandaina, “O Hórreo” de Mazaricos, entre outros así como os grupos anfitrións da Universidade Popular As Rinchonas, Xaviñanas e Perrachica, ofrecendo muiñeiras, xotas e maneos que foron bailadas por gran parte do público asistente.

Non faltou a foliada libre, que deixou repichoca ata que as gorxas non puideron máis, nunha cita que ademais demostrou que a música popular ten canteira asegurada.

Actividades

Seguen abertas as Aulas de música da entidade, de canto e baile tradicionais así como outras actividades da asociación. Poden informarse no 687 211 905.