60 persoas maiores participan nas actividades do programa de envellecemento activo de Corcubión
12 de maio de 2026 (07:42 h.)
O Concello de Corcubión xa ten en marcha o Programa de Envellecemento Activo 2026 que terá lugar ao longo do ano e que ten como destinatarias ás persoas maiores de 60 anos. O Programa recolle actuacións: de promoción do exercicio físico; de loita contra a soidade non desexada e de fomento da saúde e calidade de vida.
Entre as actividades, para as que conta coa axuda da Deputación Provincial, lévanse a cabo actividades como:
- Ioga que ten lugar na Casa da Cultura,
- Obradoiro de Habilidades sociais dende a estimulación cognitiva, que ten lugar no Centro de Día.
- Seráns para compartir, que ten lugar no Albergue de San Roque.
Actualmente participan no Programa 60 persoas da Vila e Parroquia de Redonda.
O Concello informa que se algunha persoa está interesa nalgunha das actividades, pode dirixirse aos Servizos Sociais para máis información e/ou inscrición.