O PP de Corcubión esixe ao Concello o arranxo inmediato dos danos do paseo marítimo

Ano si, ano tamén, as mareas vivas provocan destrozos no paseo de Corcubión. Ben fermoso e ben asequible para pasear, pero a calidade da construción queda en entredito cada ano.

Desta volta é o Partido Popular de Corcubión o que enviou o pasado martes un escrito ao Concello esixindo a “reparación urxente” dos danos rexistrados no paseo marítimo, sobre todo no tramo desde o recheo hasta o peirao porque “é o que en peor condicións está”.

¡

“Recibimos moitas queixas dos veciños usuarios do paseo marítimo. Dinnos que as losetas están levantadas, moitas fóra do seu sitio, e que os danos no circuíto provocaron xa máis dunha lesión aos viandantes”, asegurou Freire, que engade que esta situación “é unha mostra máis do deixamento do alcalde e a súa falla de preocupación polo municipio”.

Limpeza

Ademais, os populares aseguran que esta desidia do goberno socialista de Corcubión deixase ver tamén no deterioro do mobiliario urbano do municipio. “Levamos moitos meses pedindo unha actuación que dea solución ao mal estado da limpeza en todo o municipio, con especial atención aos colectores do lixo ou ás papeleiras”, matizou Freire, que engadiu a necesidade de insistir na limpeza das fincas urbanas porque, segundo explicou, “o alcalde tan só enviou dous requerimentos a familias propietarias de fincas que precisan unha limpeza urxente, e el mesmo no pleno recoñeceu que hai moitas máis”.

Por todo iso, o PP pregúntase se existe “algún motivo escuro” para que tan só recibiran esas cartas de prema dúas familias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.