Orfos dos horarios de autobuses

As Marquesinas de Corcubión xa non teñen os carteis realizados por QPC... nin os oficiais

As marquesinas xa non teñen horarios. Dende que o equipo de QPC deixou de aunar os dispersos horarios de autobuses, canso de pelexar en solitario coas administracións e empresas, as marquesinas fican orfas deses necesarios carteis informativos.

Así o denuncian veciños de Corcubión esta semana, a través do grupo Sempre Corcubión, que solicita á administración local o á empresa adxudicataria, Arriva cara o norte e Monbús cara o sur, que se poñan carteis, físicos, cos horarios, en cada parada de bus.

Lembren que poden ver os horarios en www.arriva.es