Os avós e as avoas danlle o relevo da lingua aos peques de Corcubión, Dumbría e Ponteceso
17 de decembro de 2018 (09:30 h.)
- Martes 18 de decembro, no Centro Deportivo O Conco de Dumbría, ás 17:30 horas.
- Sábado 22 de decembro, na Casa da Cultura do Concello de Corcubión, ás 12:00 horas.
- Venres 28 de decembro, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, ás 17:00 horas.
Mulleres que Contan
Xa pasou esta fin de semana por Laxe e Muxía, o obradoiro Mulleres que contan está dirixido a mozos e mozas a partir dos 12 anos e orientado a poñer en valor a palabra das mulleres escritoras para pechar deste xeito un 2018 en que as Letras Galegas se dedicaron a María Victoria Moreno. Durante a sesión, iranse presentando diversas microescenas centradas en diferentes autoras, cada unha delas seguida dunha actividade de investigación e descuberta. A vindeira cita será:- Sábado 29 de decembro, no salón de actos da Casa do Concello de Fisterra, ás 18:00 horas.
Os Bolechas
O Nadal en Rede tamén trae a visita dos Bolechas á bisbarra:- Sábado 29 de decembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 18:30 horas.
- Venres 4 de xaneiro, no Centro Cultural de Muros, ás 18:00 horas.