Os pequenos de Corcubión despediron á Sardiña do Entroido

O cura Alex Lopez coa Sardiña do Entroido de Corcubion

Non puido ser á primeira. Pero cando hai vontade, as cousas sempre saen. E máis cando o tempo xoga a favor dos máis pequenos. E así foi. O pasado sábado, aínda que fóra de prazo, Corcubión deu carpetazo ao Entroiido deste ano. A sardiña, como ese hóspede que leva días de máis en casa, cheiraba e choraba por non darlle o adeus como mandan os cánones do Entruido.

Para iso douselle unha reviravolta ao acto e xunto coa "Universidade Cromática das Virtudes“ e a "Asociación Cultural e Deportiva Nerio" e pensouse nos máis cativos. Entregouselles unha sardiñas en papel para colorear que se expuseron na Capela do Pilar. Ás 19:15 no lusco-fusco o cura comezou a oficiar a Santa Misa e percorreuse polas rúas da vila coas plañideiras a todo chorar. Ao remate do percorrido léronse as coplas dándolle un repaso a cousas e cousiñas que foron pasando iste ano.

E como colofón "Emprecor" ofreciu unha chocolatada para todos os que quixeron quentar o copo.

Foi unha pequena ofrenda dos pais e nais comprometidos da vila de San Marcos e do CEIP Praia de Quenxe, nomeadamente Álex López, coas tradicións locais. Unha ofrenda coa intención de poñer unha semente que vaia xerminando nos vindeiros cursos. Para o ano, máis e mellor.

Os peques de Corcubion levando a sardiña ao nicho
Debuxos da Sardiña do CEIP Praia de Quenxe
Chocolatada na Capela do Pilar de Corcubion

Nova relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).