Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Os pequenos de Corcubión despediron á Sardiña do Entroido

Os pequenos de Corcubión despediron á Sardiña do Entroido
O cura Alex Lopez coa Sardina do Entroido de Corcubion O cura Alex Lopez coa Sardiña do Entroido de Corcubion

Non puido ser á primeira. Pero cando hai vontade, as cousas sempre saen. E máis cando o tempo xoga a favor dos máis pequenos. E así foi. O pasado sábado, aínda que fóra de prazo, Corcubión deu carpetazo ao Entroiido deste ano. A sardiña, como ese hóspede que leva días de máis en casa, cheiraba e choraba por non darlle o adeus como mandan os cánones do Entruido.

Para iso douselle unha reviravolta ao acto e xunto coa "Universidade Cromática das Virtudes“ e a "Asociación Cultural e Deportiva Nerio" e pensouse nos máis cativos. Entregouselles unha sardiñas en papel para colorear que se expuseron na Capela do Pilar. Ás 19:15 no lusco-fusco o cura comezou a oficiar a Santa Misa e percorreuse polas rúas da vila coas plañideiras a todo chorar. Ao remate do percorrido léronse as coplas dándolle un repaso a cousas e cousiñas que foron pasando iste ano.

E como colofón "Emprecor" ofreciu unha chocolatada para todos os que quixeron quentar o copo.

Foi unha pequena ofrenda dos pais e nais comprometidos da vila de San Marcos e do CEIP Praia de Quenxe, nomeadamente Álex López, coas tradicións locais. Unha ofrenda coa intención de poñer unha semente que vaia xerminando nos vindeiros cursos. Para o ano, máis e mellor.

Os peques de Corcubion levando a sardina ao nicho Os peques de Corcubion levando a sardiña ao nicho Debuxos da Sardina do CEIP Praia de Quenxe Debuxos da Sardiña do CEIP Praia de Quenxe Chocolatada na Capela do Pilar de Corcubion Chocolatada na Capela do Pilar de Corcubion

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios